O BNG de Viveiro apunta falta de información sobre as obras de arranxo en diferentes estradas

A concelleira do BNG, Miriam Bermúdez, preguntou cando comezarán os traballos de mellora en rúas de Celeiro.

Viveiro. CONCELLO DE VIVEIRO

A concelleira do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, pediu información durante o último pleno sobre o adecentamento da rúa Grande de Celeiro. Esta rúa, segundo o BNG, está afectada por unha serie de “fochancas e desperfectos especialmente desde o número 93 até a igrexa”.

Por este motivo, O BNG de Viveiro apunta a falta de información sobre as obras de arranxo en diferentes estradasO BNG de Viveiro apunta a falta de información sobre as obras de arranxo en diferentes estradasa concelleira nacionalista preguntou para cando se realizarán as “obras mínimas de mantemento nesta estrada municipal, que xa van con retraso”. Doutra banda, Bermúdez pediu información sobre o estado actual dos trámites para a rehabilitación da zona dos Espiñeiros. Segundo alega a representante municipal do BNG, esta acción “xa estaba en proceso cando preguntáramos en outubro de 2019”, por este motivo preguntou “cando tiñan previsto comezar a execución das obras”.

O concelleiro de obras Jesús Fernández Cal leu un documento informativo sobre diversas actuacións, “algunhas de hai varios anos, con información incompleta e sen aportar o máis relevante como as datas para a execución das obras”, sinala Bermúdez.

Desde o BNG sinalan que se volveu preguntar ao concelleiro Fernández Cal sobre as obras da rúa Grande e nos Espiñeiros. Nun comunicado, o BNG viveirense destaca a actitude “en ton despectivo” por parte do concelleiro de Obras no momento de contestar. O grupo nacionalista suliñou que “estas faltas de respecto son inadmisibles”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here